xoves, 11 de abril de 2024

¿Por qué no hablamos de rock? Radio con 1º de Primaria.

 Os alumnos de 1º de Primaria grabaron o seu programa de radio chamado ¿Por qué no hablamos de rock? 

Elaborárono coa axuda da titora Lorena, grabárono con Amina e foi editado por Estrella.

Podedes escoitalo picando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1GKqBe3Lw8x38J_MvmiKlp-o0GB9McXKm/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1GKqBe3Lw8x38J_MvmiKlp-o0GB9McXKm/view?usp=sharing

En iVoox:

https://go.ivoox.com/rf/127357692

Ou en Radio ECO FM Ribeira Sacra, este sábado a partires das 15:30.


mércores, 3 de abril de 2024

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Día do Autismo.

 Este martes 2 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e do Día do Autismo tivemos no cole a Manuel Darriba, escritor, xornalista e guionista de Sarria para presentarlle aos nenos de Infantil o seu libro Pedro, o Piloto de gaivotas, que fala do día a día dun  neno con autismo.





Despois aproveitamos a grandísima experiencia de Manuel e fixemos unha sesión sobre o traballo dun guionista para os alumnos de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º, 3º e 4º de ESO.




venres, 22 de marzo de 2024

Programa 11 de RADIO XUNTOS! Tertulia con 5º de Infantil.

 Aquí abaixo tedes os enlaces para escoitar o programa 11 de RADIO XUNTOS! 

Desta vez estivemos de tertulia con 5º e Infantil e falmos de animais, comida e osos do corpo humano.


Poderedes escoitalo, coma sempre directamente neste enlace:

https://drive.google.com/file/d/1mTmfjcKNHTBaL_WMl3R0aJlB7iytdsGz/view?usp=sharing

En iVoox (picade no enlace suinte)

https://go.ivoox.com/rf/126323497

Ou en RADIO ECO FM Riberia Sacra, este sábado a partires das 15:30.






venres, 15 de marzo de 2024

Programa de Radio de 6º de Primaria.


 Esta semana tivemos aos alumnos de 6º de Primaria facendo o seu programa de radio no que falan de varios temas de actualidad. Na alua, e coa supervisión da súa titora Elvira, prepararon o guión e despois na radio estiveron grabando por grupos coa coordinadora da Radio Escolar, Estrella. A edición do programa eno blog e no instagram da biblioteca, na plataforma iVoox e na páxina web do centro, esta vez correo a cargo da coordinadora da Radio.Poderedes escoitalo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/11KphGOoa1qpXPnfGLs1NeGHUdxxFRkUV/view?usp=sharing

En iVoxx:

https://go.ivoox.com/rf/125901222

E en directo en Radio ECO FM Riberia Sacra este sábado a partires das 15:30, momento no que emiten programas elaborados por diferentes radios escolares.

http://radio.garden/listen/eco-fm-ribeira-sacra/vzW9DjIb




xoves, 29 de febreiro de 2024

Novos Programas de Radio,.

 O luns da semana pasada, o 19 de febreiro, tivemos no noso cole a Damián Alonso, de Ponte nas ondas para facer un Obradoiro de Radio Escolar organizado pola Biblioteca e pola Radio Escolar.

Os alumnos asistentes foron os de 6º de Primaria e os de 1º de ESO. 

Durante toda a mañá aprenderon a modular as voces e a utilizar diferentes tonos. Logo planificaron un podcast en grupos mixtos e finalmente pasaron polo estudio portátil de Damián para grabar os sus traballos, aprendendo tamén a usar a mesa de mezclas.

Cos traballos que surxiron deste obradoiro compuxemos dous programas de radio que poderedes escoitar, como sempre, na nosa conta de iVoox:

https://www.ivoox.com/escuchar-audios-radio-xuntos_al_24404213_1.html

Ou aquí mesmo:


Programa 7:

https://drive.google.com/file/d/1RtuaP9qGY-WZPY6A91wPxO-ZO3DXrW-I/view?usp=sharing


Programa 8: 

https://drive.google.com/file/d/1Z0HG3m24nNMjgax3XIlo6yoF1IKBWa_P/view?usp=sharing

Aínda nos queda un pequeno fragmento por editar que  publicaremos próximamente. Polo de agora disfrutade destes.

xoves, 22 de febreiro de 2024

Poemas para o Día de Rosalía

 Para conmemorar o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, os alumnos de 3º ESO fixeron un programa de radio recitando varios poemas da propia Rosalía e de Manuel María. 

 Poderedes escoitalo. como sempre en iVoox,

e
En RadioECOFM  Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30

https://radio.garden/listen/eco-fm-ribeira-sacra/vzW9DjIb

e se non podedes esperar, aquí mesmo, no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1G9XmRc4_B1hFCWDLTbipqtwRm8MxB19j/view?usp=drive_link

venres, 16 de febreiro de 2024

Experiencia de Costura Polos Creativos.

 Na semana anterior ao Entroido os nosos alumnos de 6º de PRIMARIA e 1º de ESO estiveron a experiementar coa máquina de coser prestada por Polos creativos. Poderedes ver un video picando no seguinte enlace:

https://www.instagram.com/p/C3YIFO3MneF/




Decembro e Xaneiro na Biblio

 Durante este dous meses fixemos as seguintes cousas:

O 3 de decembro celebramos o Día da Discapacidade poñendo á disposición do profesorado un dossier de xogos inclusivos que nos  proporcionou a nosa profe da Once, Aurora.

Repartimos a prensa dos xoves por cortesía de El Progreso.

Os alumnos usurarios remataron o 1º cuadro de Diamond Painting.

Colocamos o calendario de Decembro feito polo EDLG e grabamos o programa de radio de 6º de Primaria.

O 11 de decembro estrenamos a nosa ábore de libros e empezamos a depositar os libros do Amigo Invisible literario entre profes.

O 18 de decembro tivemos reunión do club de Lectura de profes para falar do libro de Murakami, Tokio blues. Repartimos o novo libro: Solo las bestias.

O 19 grabamos radio con 5º de Primaria.

O 20 recibimos agasallo da nosa librera local e postal do EEE Infanta Elena de Monforte de Lemos.

O 21 repartimos libros de amigo invisible para alumnos de Primaria e tivemos na biblio unha representación teatral e cine.

Xa en Enero actualizamos o mural de Postcrossing, os carteis da porta da bilbio (calendario de uso, calendario do EDLG e Letras Galegas), recomendacións de lecturas de Educación Emocional. O departamento de Bioloxía montou unha exposición sobre alimentos Bio e Procesados. Tivemos unha charla sobre o Virus do Papiloma Humano. Os alumnos de infantil fixeron Hora do Conto na Biblio e fixemos recomendación de lectura para profes de libros en Francés.

O 30 de Enero fixemos a 2º reunió do Club de Lectura.

Para ver todas as fotos das actividades poderedes ir ao instagram da biblio: @biblio-cole-escairon










luns, 15 de xaneiro de 2024

Cosas sobre Francia con 3º de ESO na Radio.

 Voilà o novo episodio de Radio Xuntos. Desta vez son as alumnas de 3º de ESO que crearon, grabaron e editaron íntegramente o seu programa de Radio escolar con frases e curiosidades de Francia.



Poderedes escoitalo aquí directamente, 


Ou na aplicación de iVoox 


ou en Radio ECO FM este sábado a partir das 15:30.

https://radio.garden/listen/eco-fm-ribeira-sacra/vzW9DjIb