mércores, 7 de febreiro de 2018

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

O día 11 de febreiro conmemórase a nivel  mundial o día da Nena e a Muller na Ciencia e nos apuntámonos ao movimento 11defebrero.org, unha iniciativa que aúna homes e mulleres do ámbito da ciencia que quere dar visibilidade ao papel da muller no mundo da investigación e fomentalo entre os nenos e sobre todo entre as nenas.
No noso cole temos previsto realizar dúas conferencias sobre o tema e unha actividade-taller con Primaria.
Estas charlas van ser moi especiais para os alumnos porque as dúas ponentes que veñen son veciñas do noso concello e son coñecidas deles.

As nosas ponentes son Lorena Saavedra, veciña de Escairón e 
ex-alumna do centro, doctorada en Matemáticas e a charla vai ser "Buscando solucións Positivas" que se celebrará hoxe mércores 7 de febreiro.

 Gema Rojo, veciña de Currelos, é Enxeñeiro de Camiños e vainos dar a charla "Mulleres científicas na construcción sostible" mañá xoves 8 de febrerio.
Pensado neste tema fixemos unha selección de lecturas que están a vosa disposición da Biblioteca.

venres, 2 de febreiro de 2018

Os nosos colaboradores da Biblioteca.

Este curso temos xente nova na plantilla da Biblioteca!

Velaquí os nosos Alumnos Colaboradores da Biblioteca.

Faltan algúns nas fotos, pero chegan estes para que vexades que ganas teñen de empezar a traballar...


Temos un gran traballo por diante: axudar nos recreos, promocionar libros, axudar cos murales e actividades de fomento da lectura, recoller suxerencias e recomendar lecturas, realizar préstamos, recoller libros fora de plazo...
Igual que os bibliotecarios de verdade!

xoves, 1 de febreiro de 2018

Finanzas para mortais

Hoxe tivemos unha charla na Biblio organizada polo Departamento de Tecnoloxía na que dous representantes do Banco Santander lles explicaron aos alumnos de 3º e 4º ESO nocións básicas de economía.