martes, 27 de outubro de 2015

HALLOWEEN na biblioteca


HALLOWEEN
NA BIBLIOTECA
Na última semana de outubro comezamos a celebrar o día de Halloween, Samaín na nosa cultura, achégate a ver os estranos personaxes que viñeron para a biblioteca!



xoves, 30 de abril de 2015

Taller de marcapáxinas na biblioteca para toda a primaria



O día do libro pola mañá os nenos e nenas de primaria tiveron un taller de marcapáxinas moi divertidos na biblioteca do centro en quendas por ciclo.
Con folios de cores, tesoiras, lápices de cor, pegamento e a sua imaxinación  conseguiron unhas fantásticas creacións. 
Moitas grazas aos seus profesores pola súa axuda.









xoves, 23 de abril de 2015

Día do libro 2015

Chegou o día do libro
Este é o mural con frases inspiradoras dos libros que leron os rapaces de 3º ESO

domingo, 12 de abril de 2015

PRÓXIMA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro, teremos na semana dod 23 de Abril uns talleres de marcapáxinas para todos niveis de primaria e secundaria.
quedarán xeniais, seguro!

martes, 31 de marzo de 2015

A MULLER NA PRENSA


Para celebrar o día da muller traballadora e a semana da prensa, os nenos e profesores de primaria elaboraron uns carteis con noticias que tiñan á muller como protagonista. Esta foi unha actividade que partiu do equipo de Normalización Lingüística.





venres, 27 de marzo de 2015

Traballos con volume en 3º ESO



Estes son os últimos traballos que fixeron os alumnos de 3º ESO para expoñer, despois de estudar como darlle volume ás súas láminas.Gústanvos?








venres, 30 de xaneiro de 2015

AS MANS SON PARA UNIR

AS MANS SON PARA UNIR
Ese é o lema co que os alumnos da ESO fixeron este mural co gaio do día da paz.


3º ESO

1º ESO

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Celebramos o día da PAZ

Para celebrar o Día da Paz,a biblioteca  ofrece unha escolma de libros , tanto de ficción coma de no ficción,esperamos que vos agraden: