venres, 5 de decembro de 2014

mércores, 26 de novembro de 2014

OUTONO NO CPI DR LÓPEZ SUÁREZ

O departamento de Normalización Lingüística e a  Biblioteca colaboran nesta exposición de receitas, refráns, contos e froitos de Outono.
Participaron os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria.
Felicitacións a todos os rapaces e profesores que o fixeron posible.





venres, 14 de novembro de 2014

Exposición de maquetas do relevo na biblioteca

A Biblioteca acolle estes días unha exposición das maquetas do relevo que fixeron en Xeografía e Historia os alumnos de 1º ESO. Qué ben quedaron!






xoves, 30 de outubro de 2014

Quen anda ahí?

Temos uns misteriosos visitantes polo Samaín na Biblioteca, seguro que os alumnos de 2º ESO do agrupamento saben de onde veñen...


mércores, 29 de outubro de 2014

As matemáticas na biblioteca

Esta é unha representación dos libros de matemáticas e lóxica que podedes atopar na nosa biblioteca, animádevos a coller un deles!



martes, 28 de outubro de 2014

Primeira entrada do curso 2014-2015

O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas.

A clase de 3º ESO fixo,  inspirándose no lema deste ano,  uns carteis que espuxeron no corcho das escaleiras, podedes ver cómo quedaron: