mércores, 7 de febreiro de 2018

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

O día 11 de febreiro conmemórase a nivel  mundial o día da Nena e a Muller na Ciencia e nos apuntámonos ao movimento 11defebrero.org, unha iniciativa que aúna homes e mulleres do ámbito da ciencia que quere dar visibilidade ao papel da muller no mundo da investigación e fomentalo entre os nenos e sobre todo entre as nenas.
No noso cole temos previsto realizar dúas conferencias sobre o tema e unha actividade-taller con Primaria.
Estas charlas van ser moi especiais para os alumnos porque as dúas ponentes que veñen son veciñas do noso concello e son coñecidas deles.

As nosas ponentes son Lorena Saavedra, veciña de Escairón e 
ex-alumna do centro, doctorada en Matemáticas e a charla vai ser "Buscando solucións Positivas" que se celebrará hoxe mércores 7 de febreiro.

 Gema Rojo, veciña de Currelos, é Enxeñeiro de Camiños e vainos dar a charla "Mulleres científicas na construcción sostible" mañá xoves 8 de febrerio.
Pensado neste tema fixemos unha selección de lecturas que están a vosa disposición da Biblioteca.

venres, 2 de febreiro de 2018

Os nosos colaboradores da Biblioteca.

Este curso temos xente nova na plantilla da Biblioteca!

Velaquí os nosos Alumnos Colaboradores da Biblioteca.

Faltan algúns nas fotos, pero chegan estes para que vexades que ganas teñen de empezar a traballar...


Temos un gran traballo por diante: axudar nos recreos, promocionar libros, axudar cos murales e actividades de fomento da lectura, recoller suxerencias e recomendar lecturas, realizar préstamos, recoller libros fora de plazo...
Igual que os bibliotecarios de verdade!

xoves, 1 de febreiro de 2018

Finanzas para mortais

Hoxe tivemos unha charla na Biblio organizada polo Departamento de Tecnoloxía na que dous representantes do Banco Santander lles explicaron aos alumnos de 3º e 4º ESO nocións básicas de economía.



luns, 29 de xaneiro de 2018

Neste océano PAZífico...

Velaquí un video que vos mostra o noso súper-mural do mundo submarino que está na hall do colexio. Nel participaron todos os nenos do cole, cada un co seu peixe. É unha fermosa mensaxe para o 
Día da Paz.


luns, 15 de xaneiro de 2018

Nestes fríos días de inverno...



Nestes fríos días de inverno non da gana ningunha de andar fora no patio, nin de achegarse á auga 👦
A Biblio é un bo sitio para pasar o tempo ao quente, eso si,
respetando as normas, o material e aos compañeiros!!
Xa sabedes que, como sempre, tendes os xadreces, pero agora engadimos  dous Parchís e unha Oca. 

E ademáis outros dous xogos de mesa donados por unha nai que colabora na vixilancia do Comedor Escolar e na Biblioteca.
Moitas grazas, Janet!


martes, 9 de xaneiro de 2018

Olimpiada matemática de Nadal.

Xa estamos de volta para o segundo trimestre, con enerxías renovadas. Sobre todo despois de despedir o primeiro facendo una Olimpiada Matemátiva cos seus móviles e coa aplicación KAHOOT! organizada polo Departamento de Matemáticas: Gabino, Fátima e Mª Jesús.

Da gusto ver disfrutar os alumnos da ESO disfrutar coas matemáticas!










mércores, 20 de decembro de 2017

Estefanía Padullés con Infantil e Primaria.

Estefanía Padullés seguiu hoxe con nos. Estivo presentándolle o seu conto ilustrado 
A Canción do Sol aos nenos de Infantil e Primaria e estiveron facéndolle moitísimas preguntas sobre o traballo de escritor e ilustrador.









Despois estivo a facer un taller de debuxo e pintura con 3º de Primaria coa profe de plástica Ana Quintela.








Moitas grazas a Estefanía,
 deixonos a todos inspirados!
Recordade que temos os seus libros na Biblioteca a partir do xoves 21. Non os perdades!!

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

O día 11 de febreiro conmemórase a nivel  mundial o día da Nena e a Muller na Ciencia e nos apuntámonos ao movimento 11defebrero.org , unha...